Festival de Curtametraxes 5C

Nas pasadas semanas a Plataforma Proxecto Cárcere foi contactada pola xente de Comunicación A d’Art de Girona, que organizan o Festival de curtametraxes 5C do 30 de Agosto ao 6 de Setembro en Cangas do Morrazo, Ourense e A Coruña (e tamén en Girona, Huelva e Madrid), sobre a posibilidade de facer o acto da Coruña no antigo cárcere provincial. Por causa do pouco tempo do que dispuñamos non foi posibel solicitar o cárcere para as datas requeridas, mas Proxecto Cárcere decidiu apoiar esta actividade como unha forma mais de criar sinerxias con outras plataformas e proxectos culturais, sociais e da memoria en activo. Polo que o noso logo aparecerá nos materiais impresos e virtuais e nós faremos a debida divulgación entre os nosos contactos. Convidámosvos a todas a participar no Festival de curtametraxes 5C que estará na Coruña o 6 de Setembro às 21h45 no Taller de litografia Milpedras (Rúa de Brasil, 3).
Mais información sobre en http://www.adart.cat/5centims/

Esta entrada foi publicada en Outras convocatorias. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Festival de Curtametraxes 5C

  1. Pingback: A Coruña Cultura » Milpedras: “Festival Itinerante de Curtametraxes”

Os comentarios están pechados.