Próxima Asamblea, Sábado 1 de Outubro ás 10h45

Despois do descanso vacacional a Plataforma Proxecto Cárcere volve á Acción!
A próxima reunión da Asamblea terá lugar o Sábado 1 de Outubro ás 10h45 na Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras)

As reunións da Asamblea están abertas a todas aquelas persoas pertencentes ou non á Plataforma que estean interesadas no Proxecto e queiran colaborar no mesmo. Todas e todos benvidxs a PARTICIPAR!

A proposta de orde do día é a seguinte:
1. Estratexias da Plataforma (Comunicación, Infraestruturas, Xestión e Proxectos)
2. Proposta creación dun Grupo Coordinador
3. Cuac FM: Programación e Formación
4. Reunión Concellería de Cultura
5. Dossier Proxecto Cárcere: Distribuir traballo entre os 4 GdTs.

Recorda que para participares connosco só tes de nos enviar un email a proxectocarcere@gmail.com e/ou asistir ás reunións da Asamblea ou Accións da Plataforma.

Esta entrada foi publicada en Convocatorias da Plataforma. Garda a ligazón permanente.