Día Mundial da Arquitectura adicado ao Cárcere da Coruña

O COAG (Colexio Oficial de Arquitectxs de Galicia) adícalle o Día Mundial da Arquitectura deste ano ao Cárcere da Coruña.
O luns 3 de Outubro ás 13h realizarase unha visita guiada e comentada polo Cárcere a cargo dos catedráticos da ETSAC José Ramón Saraluce e José Ramón Alonso Pereira.
A Plataforma Proxecto Cárcere asistirá a este acto que apoia e celebra como unha mostra mais do grande interese que desperta este espazo entre os diferentes axentes culturas e sociais da nosa cidade. Parabens a COAG pola iniciativa e grazas por nos ter convidado!

Esta entrada foi publicada en Outras convocatorias. Garda a ligazón permanente.