Un cárcere para todas e para todos!!

Hoxe, luns 3 de Outubro, tivemos o prazer de asistir á visita guiada pola antiga cadea organizada polo Colexio de Arquitectxs da Coruña, onde en ton humorístico a compañeira de Proxecto Cárcere, Carme Cotelo, entregou o manifesto da Plataforma ao alcalde e outros persoeiros da nosa cidade. Sandra Seoane dixo unhas palabras introducindo a iniciativa e destacando que o Cárcere suscita tanto interese arquitectónico, como social, artístico e cultural, ao mesmo tempo que mostrou a grande preocupación de Proxecto Cárcere perante o evidente estado de deterioro que o imoble ten sufrido desde a última visita en Xuño cando fixemos as Xornadas de Portas Abertas.
Un cárcere para todas e todos é algo no que parece en principio coincidimos. Nós pola nosa banda seguiremos a traballar e a sumar apoios e propostas para que sea a cidadanía a que realmente teña a última palabra en que facer con este emblemático edificio.

Esta entrada foi publicada en crónicas. Garda a ligazón permanente.