Reunión coa Concellería de Cultura mañá 15 de Maio

Como resposta á Brigada de Limpeza que a Proxecto Cárcere realizou o pasado mes de Marzo, e á carta enviada ao alcalde da Coruña, fomos convidadas/os para unha reunión coa Concellería de Cultura. Esta reunión terá lugar mañá, 15 de Maio e nela presentaremos as nosas propostas para parar o deterioro do cárcere e posibeis usos públicos do mesmo.

Informaremos do acontecido nesta reunión proximamente.

 

Esta entrada foi publicada en Novas, Proxectocárcere. Garda a ligazón permanente.