Proxecto Cárcere no Off Culturgal 2012!!

Proxecto Cárcere foi seleccionada para participar no Off Culturgal 2012 no apartado 99% creatividade: 9 proxectos x 9 minutos.


A cita será o Sábado 1 de Decembro a partir das 17h no Garaxe Culturgal en Pontevedra. Esperamos que todas e todos podades achegarvos para nos coñecer e compartir este momento connosco.

Off Culturgal consistirá nun encontro informal e dinámico para xente creativa que Disquecool organiza no marco da Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, que se desenvolverá durante os días 1 e 2 de decembro en Pontevedra.

Mais información

Disquecool

Off Culturgal 2012

 

Esta entrada foi publicada en Novas. Garda a ligazón permanente.