9 minutos no Off Culturgal…dan para moito

A experiencia no Off Culturgal foi moi positiva onde puidemos dar a coñecer Proxecto Cárcere a mais xente fóra do ámbito da Coruña e tamén criar sinerxias con outras iniciativas coas que fortalecérmonos cara o futuro.

Laura, Tomi e Pepe presentaron en 9 minutos os aspectos mais relevantes do cárcere da Torre como proxecto cidadán.

Xunto a Proxecto Cárcere estiveron Pot-age, Lab Rural, Marujita Alegre, Música no Claustro, VideodinamizARTE, Creatividade á rúa, Mapa emocional dos Ancares – Courel,  e Mimadriña.

Preme na fotografía para dar unha vista de ollos aos outros proxectos no 99% do Off Culturgal

 

 

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.