“Herdeiros pola Forza”, sociedade e patrimonio cultural

A Libraria Sisargas, a Asociación de Amigos do Arqueolóxico da Coruña e a plataforma cidadá Proxecto Cárcere convidámosvos a participar na presentación do libro “Hedeiros pola Forza” de Manuel Gago e Xurxo Ayán que terá lugar o próximo xoves 31 de Xaneiro ás 19h30 na Biblioteca da AAVV Montealto (Prazade Marte).

O artista e escritor de Montealto, Xurxo Souto será o encargado de presentar o libro e aos seus autores que nos falarán sobre o seu contido e a necesidade da implicación da sociedad civil na protección do Patrimonio Cultural.

Máis información: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/herdeiros-pola-forza/ e http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2013/01/21/volve-o-herdeiros-pola-forza-tour-novas-datas-para-xaneiro-febreiro-e-marzo/

Un saúdo forte e vémonos o xoves!!!

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.