SOS Cárcere da Torre!!

ESTE É UN S.O.S. DENDE O NOROESTE ATLÁNTICO DE GALICIA

A antiga Prisión Provincial de A Coruña, un edificio de gran valor patrimonial, arquitectónico e histórico, construción integrada como referente memorial no senlleiro espazo do faro de Hércules, declarado patrimonio da Humanidade pola Unesco, está nunha situación de perigo de ruína por causa do abandono institucional en que se encontra.

Entre outros elementos da construción, os tellados e cubertas ameazan derrube se non se fai unha intervención de urxencia. Este abandono ostensíbel non só pode acelerar o deterioro dun ben público de gran valor histórico e simbólico, con grave dano para a imaxe da cidade, senón que condicionaría de xeito pesaroso a súa recuperación para o uso da comunidade.

O vello cárcere de A Coruña ten que ser conservado polo seu grande interese arquitectónico e polo que representa como lugar de excepción na memoria da cidade e de todo o país galego, mais tamén debe ser rehabilitado e transformado nun espazo de liberdade creativa, coa participación cidadá, onde primen os usos sociais, culturais, educativos de carácter independente e, dada a significación do propio edificio, onde a memoria histórica do mesmo estea sempre presente.

Cada día, cada mes, cada ano de abandono é un tempo precioso que se perde. As persoas que asinan este manifesto esiximos das institucións, e en particular do Concello de A Coruña, Xunta de Galicia e Goberno de España, unha actuación inmediata para pór fin ao proceso de deterioro e ruína do edificio da antiga Prisión Provincial de A Coruña e a apertura dun proceso de recuperación para o seu uso cívico e cultural.

A 10 de abril de 2013

FAI CLICK AQUI OU NA IMAXE DO CÁRCERE PARA ASINAR O MANIFESTO

Esta entrada foi publicada en Convocatorias da Plataforma. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a SOS Cárcere da Torre!!

  1. Marcial González Vigo di:

    Ánimo! Agallá este manifesto sexa esfectivo

  2. Consuelo Fernandez Abelairas di:

    Que este edificio sea de be público, para o pobo. Ánimo

Os comentarios están pechados.