O Jailart de Proxecto Cárcere alcanza as 100 obras recibidas de todas as partes do mundo!

O Jailart, unha iniciativa da plataforma cidadá Proxecto Cárcere en colaboración con Carlos Botana chega a menos de dúas semanas do seu peche de admisión de obras a 105 propostas provintes de mais de 25 países diferentes.

O “mailart” é un movemento de expresión artística na que se utiliza como soporte o formato postal. A obra, que é enviada por correo, pode ser de temática libre ou como no caso do “Jailart” de Proxecto Cárcere, sobre un tema específico pero ao mesmo tempo amplio como “o cárcere”.  

Concordamos no axeitado desta proposta para internacionalizar de forma plástica o grande interese, debate e emocións diversas que suscita un espazo físico de represión abrindo a imaxinación a propostas de transformación social e artística.

As obras recibidas sorprendéronnos a todas e a todos pola súa expresividade e capacidade de plasmar visualmente perspectivas diversas sobre un tema tan controvertido.

As obras serán expostas a finais do mes de xuño na festa que desde hai xa dous anos realizamos nas inmediacións do cárcere da Torre para reivindicar a súa rehabilitación e uso público e cidadá.

Daremos mais información sobre a mesma nas próximas semanas.

Valoración de Carlos Botana sobre o “Jailart”

O noso proxecto de arte postal (mailart) é un gran éxito entre os artistas nacionais e internacionais que están a colaborar con esta chamada do Proxecto Cárcere.

Despois de pouco máis de dous meses, a cantidade de “mailartistas” (que así se fan chamar os que practican esta arte tan libre) achegase a os 105 de 27 países.

Por todo isto, cremos que en tan pouco tempo, e as artes recibidas, a finais deste proxecto, o éxito será un logro.

Temos envios de artistas que son unha gran referencia no mundo da arte postal, xente coma: Ryosuke Cohen (Xapón), Clemente Padín (Uruguay), John M. Bennett (USA), Pal Csaba (Hungría). Españois como:  Cesar Reglero, Pedro Bericat, Ferran Destemple. E galegos: Manoel Bonabal, Inma Doval, Raúl Reguera …. etc. etc

Xente que con súas artes e colaboración desinteresada, fan que este proxecto, se achege a ser moi grande e moi interesante.

Grazas a todos polo seu traballo.

E aqueles que aínda  querades participar, estades a tempo de facelo ata o final do mes de Maio, enviando as  vosas artes a:

Carlos Botana

C/.Oleoducto, Nº 11, portal 2 – 3º E 

15009 A Coruña  (Spain)

Polonia – Portugal – Arxentina – Australia – Canadá – Sultanato de Omán – Brasil – Estado Español (Galiza, Andalucía, Comunitat Valenciá – Catalunya – Castilla La Mancha – Euskalerría – Aragón – Castilla León) – Portugal – Italia – Finlandia – USA – Reino Unido – Bélxica – Xapón – Francia – Alemania – México – Siberia – Uruguai – Turquia – Armenia – Noruega – Puerto Rico – Rusia 

Mais información sobre a convocatoria do Jailart Proxecto Cárcere en http://jailartproxectocarcere.wordpress.com/

Esta entrada foi publicada en Novas. Garda a ligazón permanente.