“JailArt, arte polo cárcere” o sábado 29 de xuño no contorno do Cárcere da Torre

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O sábado, 29 de xuño a partir das 12h30 terá lugar a inauguracion do “Jail Art, arte polo cárcere” ao que estades todas e todos convidados.

O JailArt é unha convocatoria internacional onde teñen participado artistas de todos os cantos do mundo inspirándose na temática do cárcere. Mais de 250 obras de arte postal enviadas a traves do correo ordinario e nalgúns casos do email conforman esta exposición que será mostrada en frente do edificio que a inspirou e que despois irá rotando por diferentes espazos da cidade.

O lamentabel estado do antigo cárcere propiciou a campaña de recollida de sinaturas “Manifesto S.O.S. Cárcere da Torre” para demandar ás autoridades locais e estatais o seu urxente coidado e negociación coa cidadanía sobre a tranformación do mesmo en Centro Sociocultural e da Memoria. Tendo recollido aproximadamente 1700 sinaturas e o apoio de numerosos colectivos, e persoas públicas entre as que se encontran Manolo Rivas ou Rosa Montero. As sinaturas e apoios serán entregados ao Concello da Coruña e ao SEIP a finais do mes de xuño.

Como leva sendo habitual neste mes e dende hai dous anos xa nos que celebraramos as Xornadas de Portas Abertas durante 4 días dentro do cárcere, tamén contaremos cun espazo aberto de creación onde poderán colaborar persoas a nivel individual e colectivo con propostas artísticas, musicais, teatrais, xogos…

Contamos con todas e todos para dar un pasiño mais nos nosos obxectivos, unha vez mais, no tempo das cereixas…

PROGRAMA

12h30 : Inauguración da exposición do JailArt con Carlos Botana

13h00 : Leitura do manifesto S.O.S. Cárcere da Torre

14h00 : Xantar autoxestionado. Trae algo de comer para compartir. Proxecto cárcere terá un pequeno bar para as bebidas.

Espazo de creación aberto e autoxestionado. Durante todo o día poderás disfrutar ou ofrecer actividades musicais, teatrais, artisticas….o que desees. Só tes que enviar email a proxectocarcere@gmail.com indicando actividade á Laura Sánchez.

Se queres axudarnos a divulgar, re-envia este cartaz e evento ás túas amizades e/ou imprime unha copia para deixar por locais da cidade.

entre todas e todos, podemos facer deste soño unha realidade!!!!

Esta entrada foi publicada en Convocatorias da Plataforma. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a “JailArt, arte polo cárcere” o sábado 29 de xuño no contorno do Cárcere da Torre

Os comentarios están pechados.