Asemblea de Xaneiro 2014

O próximo mércores 15 de Xaneiro volverémonos a reunir na Casa da Fariña (Praza de Azcárraga) ás 20h30 (20h45 segunda convocatoria) para celebrar a nosa asemblea.

As asembleas de Proxecto Cárcere son abertas a todas aquelas persoas interesadas no proxecto de recuperación do antigo cárcere da Coruña como Centro Sociocultural e da Memoria.

A proposta de orde do día é a seguinte:

Toma de decisións e información breve

1. Avaliación da inauguración da expo JailArt. (10min)

2. Xornadas de PC sobre espazos públicos e participación cidadá. (20min)

3. Estado de contas (10min)

4. Artigo de PC na “A Boia” (10min)

5. Viaxe artístico a Burgos (10min)

6. Varios

Debate/s abertos

1. Proposta concreta de cesión parcial do cárcere a PC. 

Fin da asembleia 22h30/22h45

Esta entrada foi publicada en Convocatorias da Plataforma. Garda a ligazón permanente.