Atención! No cárcere estamos en obras!

Este Domingo 27 de Abril ás 12:00 comezamos as obras na antiga prisión provincial da Coruña.

Trae o teu casco ou chaleco de obras e axúdanos a indicar o estado de obras no seu contorno.

O antigo cárcere é xa mais do que un edificio, un inmoble, unha estrutura de pedra e cemento, O cárcere somos tamén nós, as e os que soñamos a través dela que unha sociedade participativa e activa na construcción da súa propia historia é posibel..

Desde Proxecto Cárcere convidámosvos a estar connosco nesta actividade na que faremos un acto simbólico de proteción do edificio e reivindicación da súa utilización como espazo público e de participación cidadá.

Aproveitaremos para anunciar interesantes actividades das que a Plataforma vai participar nos meses de Maio e Xuño.

NÓS SI ESTAMOS EN OBRAS!

Esta entrada foi publicada en Convocatorias da Plataforma. Garda a ligazón permanente.