Asemblea Setembro 2014

Comezamos a actividade post-vacacional con forza e como non tamén coas nosas míticas asembleas, sempre abertas a calquera persoa con interés polo proxecto e que queira aportar a súa perspectiva, tempo e apoio.

A asemblea deste mes terá lugar o luns 29 de 20h30 a 22h30 (hora límite) na Casa da Farinha (Praza Azcarraga).

Proposta de orde do día

A) Información e toma de decisións

1. Re-encontro post-vacacional. (20 minutos)

Sinalar temas que quedaran pendentes e próximas convocatorias cara fins de ano. (Jailart, Coruña Baleira, reparacións no cárcere, transferencia tarefas blogue/facebook, aniversario PC, etc)

2. Summerlab (Mariola e Alberto) (5 minutos)

3. Cooperland (Laura e Tono) – (10 minutos)

4. SOPA (Carmen e Mariola) – (10 minutos)

5. Charla Escola Arquitectura  (5 minutos)

6. Finanzas (10 minutos)

B) Debate aberto

4 anos de Proxecto Cárcere e no 2015 hai eleccións municipais. Todo o que fixemos…que nos queda por facer?  (máximo ata as 22h30)

DSC_0432

Esta entrada foi publicada en Convocatorias da Plataforma. Garda a ligazón permanente.