Descubrindo o Futuro: 3ª Xornada de Convivencia de Proxecto Cárcere

huge.3.18160Iniciamos a andaina do 2015 coa nosa terceira xornada de convivencia  “Descubrindo o Futuro”, que terá lugar o próximo Domingo 25 de Xaneiro de 11 a 14:30 no local da Asociación Manicómicos (Rúa Andrés Gaos, 16, baixo). Seguido a reunión participaremos dun bó xantar.

Programa da Xornada:

11:00 – 14:30

Acollemento

Carmen Cotelo falaranos da súa experiencia na “Ciudad y Circo de los Muchachos” fundada polo padre Silva no ano 1966 en Benposta, Ourense.

De abellas a vacas…pasando por bolboretas. Exploraremos os diferentes roles que interactúan nos grupos e como teñen influído en Proxecto Cárcere.

Descubrindo o Futuro. Identificaremos os retos e oportunidades dos diferentes futuros posibeis e como encaralos.

Conclusións e feche.

14:30 : Xantar!!!

A esta actividade son benvidas todas as persoas con interés en Proxecto Cárcere e con vontade de participar activamente da mesma.

Esta entrada foi publicada en Convocatorias da Plataforma, Proxectocárcere e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.