Crónica da 3ª Xornada de Convivencia “Descobrindo o Futuro”

Nesta terceira xornada de convivencia escoitamos a Carmen falarnos da súa experiencia de 15 anos na Cidade e Circo dos Muchachos de Benposta (Ourense).

Qué pode aprender Proxecto Cárcere da experiencia de Benposta? Sería mais rápido responder que non podería aprender. Un recurso pouco coñecido ou utilizado polos diferentes procesos de transformación da Galiza. Ás veces non precisamos viaxar moi lonxe para coñecer experiencias creadoras e de longo prazo. Un luxo contar con Carmen e co traballo, xa legado tamén de PC para incluir na nosa filosofía e memoria.

38013_141216029244496_100000682998208_246605_3445584_nImaxe: Asamblea na Cidade dos Muchachos
Fai click na imaxe para ver mais fotos da Cidade e Circo dos Muchachos
IMG_20150125_152202

Despois dunha dinámica sobre a rotabilidade do rol de líder dun grupo e a diversidade con que podemos liderarnos indagamos sobre as diferentes personalidades que aportan sustentabilidade, observación, creatividade e innovación, relacións e coñecemento ao grupo. Moi equilibrado está o ecosistema do PC entre os pausados ursos, as traballadoras formigas, as abellas polinizadoras ou os dinamizadores leóns.

IMG_20150125_152207Unha recapitulación sobre as dúas anteriores xornadas de convivencia e unha breve explicación sobre a importancia dos espazos caórdicos e os diferentes elementos a ter en conta para que un grupo exista…e funcione deron paso a un primeiro paso da dinámica “escenarios de futuro” onde exploramos 4 hipoteses nas que nos poderiamos encontrar de aqui a 6 meses. Quedamos con vontade de mais e posibelmente teñamos unha segunda parte para continuar a descobrir o noso futuro.

IMG_20150125_152230IMG_20150125_152222

“O Padre Silva, era un home como nunca volvi coñecer outro. Con todas as súas contradiccións, mais un home que movia, que che movia a aventurarte con él nas súas loucuras. Sempre estaba a pensar algo novo, sempre a argallar novas ideas. Él realmente cría que todo era posibel, que todo se podía realizar, e ti ao velo tan convencido tamén chegabas a crer no mesmo.”

Carmen Cotelo

 

Esta entrada foi publicada en crónicas, Proxectocárcere. Garda a ligazón permanente.