A Rede Transibérica na Coruña

Proxecto Cárcere ten o imenso prazer de acoller o IV Encontro da Red Transibérica de Espacios Culturales Independientes que terá lugar os días 17, 18 e 19 de Abril no Instituto Anxel Casal de Montealto da Coruña.

Co título “Espazos, a importancia do lugar”, diversas iniciativas e espazos culturais da península compartiran experiencias e novas prácticas de crear cultura en diálogo coas comunidades nas que se establecen ofrecendo escollas únicas á marxe do status quo e dos “packs culturais” institucionais.

O programa  e inscripcións están disponibeis neste link http://www.transiberica.org/node/82

CARTAZ RED TRANSIBERICA

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.