Venres 17 de Abril no IV Encontro da Rede Transibérica: Proxecto Cárcere

O primeiro día do Encontro Proxecto Cárcere daremos a benvida a todas as persoas e colectivos participantes e trataremos de transmitar o espíritu desta iniciativa sociocultural e da memoria da cidade da Coruña.

cartaz-c__rcere_encontro-transiberica

Cartaz proposta de Manchea

A partir das 16h estaremos no hall do Instituto Anxel Casal entregando os packs do Encontro as persoas inscritas online e recibindovos a todas/os cun café de benvida a cargo de Leiralonga, que serán as encargadas do catering do Encontro.

Para as que queirades asistir na modalidade de 10€ aínda podedes facer a vosa inscripción neste día e no Sábado pola mañá na mesa de inscripcións situada no hall.

Teremos colocadas as expos de Proxecto Cárcere do “Jail Art” e de “Coruña Baleira” así como outros materiais e merchandising para que nos coñezades un pouco mais e/ou vos recoñecades a vós mesmas/os.

Às 18h30 faremos unha acción artístico-reivindicativa á que estades todas convidadas diante do cárcere. Será algo moi amarelo e redondo…No caso hipotético de que chova podemos levar un paraugas para non nos mollar (se tedes un amarelo mellor).

Depois regresaremos ao Instituto Anxel Casal onde Proxecto Cárcere propón un debate-diálogo “É viabel un Centro Sociocultural e da Memoria no Cárcere da Torre?” focándonos na importancia que poden ou non ter o espazo,  o cáracter público e o proceso de participación cidadá da iniciativa e a súa autoxestión.

Finalizaremos a xornada coa cea vexetariana e local servida por Leiralonga e unha actividade de ocio e encontro a cargo de Carmen Cotelo ás 23h.

Esta entrada foi publicada en Convocatorias da Plataforma, Novas, Proxectocárcere. Garda a ligazón permanente.