Proxecto Cárcere no pleno do Concello da Coruña

Onte Silvia Longueira, do PSOE levou ao pleno o tema do antigo cárcere da Torre e do Proxecto Cárcere. Aqui o audio coa súa intervención e a resposta do concelleiro de Rexeneracion Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela.
Hoxe, martes 15 de decembro, reunímonos con Varela á súa petición para nos informar sobre novas con respecto ao cárcere. Levamos as nosas preguntas tamén a esta reunión que recordamos eran:
– O edificio pasou a ITE? Se foi así foi favorable ou desfavorable?
– Que obras se levaron a cabo durante o verán de 2014?
– Na Escola de Arquitectura estase a desenvolver un tema de Proxecto Final de Carreira, no edificio do cárcere. Sería posible unha visita?
– Cal é a situación actual do xuízo sobre o convenio de devolución do cárcere? Cales son os prazos? Canto se podería demorar? Que din os servizos xurídicos do concello?
– Se entablaron negocicacións co SIEP?
– Se seguirá coa estratexia de Negreira de solicitar xudicialmente a nulidade do convenio asinado por Vázquez?
– Cales son os seguintes pasos que plantea o Concello para obter o cárcere da Torre?
– Habería a posibilidade de organizar un encontro como o de 2010 sobre novos modelos de xestión cidadá de espazos dentro do cárcere? E fóra do cárcere?
– Cal é a posicion do concello e que movementos pensades facer para conseguir a devolución do cárcere?
– Qué posición como cidadáns podiamos tomar para conseguir a utilización do cárcere pola cidadanía?
Comunicarémosvos os resultados deste encontro como fixemos dos anteriorres.
Agradecemos como sempre o voso apoio e o de todas as persoas, colectivos ou organizacións que confían en Proxecto Cárcere.
corunha janeiro
Esta entrada foi publicada en crónicas, Novas, Proxectocárcere. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Proxecto Cárcere no pleno do Concello da Coruña

  1. fernanda pardo perez di:

    O contencioso este ,non ten boa pinta.
    Para min a solución e meterse dentro ;..o resto e outra loita…

Os comentarios están pechados.