Proxecto Cárcere nas Conversas das Culturas

O pasado martes 26 de abril, Proxecto Cárcere participou no ciclo de Conversas das Culturas* do CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC que tivo lugar na cidade de Lugo. As conversas tiñan como eixo debatir ao redor da diversidade das culturas, así como reivindicar a aposta pola ecoloxía do saber.

O título que propuxo Proxecto Cárcere para a súa conversa foi “Afectos e coidados nos proxectos culturais”, onde se reflexionou sobre o proceso emocional das persoas que formaron e forman parte da plataforma ó longo dos 5 anos de percorrido nos que leva traballando, atendendo aos aspectos máis afectivos e emocionais.

Falouse do proceso, do grupo e da súa diversidade, das experiencias persoais, dos coidados internos e externos, dos conflitos e da vida dentro e fóra do colectivo entre outros temas.

* As Conversas das Culturas son coordinadas por Xosé Antonio Neira Cruz no marco de campUSCulturae, proxecto europeo cofinanciado pola Universidade de Santiago de Compostela e pola EACEA Culture Agency e organizadas por Fran Quiroga, coordinador do CulturaLab do Máster en Servicios Culturais da USC.

Deixamosvos a continuación o link da conversa.

Esta entrada foi publicada en crónicas, Outras convocatorias, Proxectocárcere e etiquetada , , , , . Garda a ligazón permanente.