Memoria do ano 2015•2016

Rematado o curso 2015/16, facemos un breve  resumo das principais actuacións do colectivo Proxecto Cárcere:

Acto conmemorativo VI ano de PC: o 20 de Novembro de 2015, reunímonos á porta do Cárcere,  fixemos a botadura simbólica dun barco confeccionado en  papel na praia das Lapas,  e demos  lectura do manifesto conmemorativo.

_DSC0019

Mesas Redondas: En Lugo dentro do ciclo de Conversas das Culturas organizado polo Culturalab do Master de Servizos Culturais da USC , e na Coruña dentro das conferencias organizadas por  Arquitectura Sen Fronteiras no IV Seminario Habitat a escala Humana: Toma Parte, e na charla organizada polo Foro Cívico na  mesa redonda en torno a defensa do común.

Presentación Libros. Organizamos a presentacións na nosa cidade do libro: “Carabanchel  el derribo de la Vergüenza”  co seu autor, Jesús Rodríguez  no Centro Social A Comuna, e fomos convidados a participar na presentación do libro ” Tell el  llop solitari de l`exili catalá ” coa súa autora, Gemma Doménech  na Casa Casares Quiroga. Tamén estivemos presentes na presentación do blogue “Memoria do Cárecere”, coa súa autora Carmen García Rodeja , na Casares Quiroga.

foto cortesía Pedro Iglesias

foto cortesía Pedro Iglesias

Participamos na homenaxe ao poeta  Manuel María, co motivo do Día das Letras Galegas no Museo de Belas Artes de A Coruña, participamos no Roteiro  da Memoria coa CRMH, e na manifestación na Defensa do Común coa Plataforma Defensa do Común. Tamen presentamos o noso colectivo na VIII Xornada de inclusión e comunidade a través das artes escenicas.

Radio, fixemos  18 programas nesta nova tempada de Ondas do Cárcere na radio comunitaria coruñesa Cuac FM.

Reunións co Concello: diversas reunións coas Concellerías de Cultura, Participación e Rexeneración Urbana.

Novos Proxectos: Blog “Memoria do Cárcere”, Hortas Urbáns (pendente da súa aprobación polo Concello)

Asambleas: mensuais (un total de 9) e reunións de traballo ao longo de todo o curso.

Contas: saldo positivo de 196.50 (faltan por ingresar ASF)

E nada máis de momento. Esperamos que desfrutedes moito do verán. Voltamos en setembro 🙂

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Memoria do ano 2015•2016

  1. Celtic di:

    Really looking forward to read more. Really Cool.

Os comentarios están pechados.