Proxectando o cárcere. Limón e chiculate

Boas noites,

Co gallo do noso aniversario, temos o pracer de anunciar a inauguración da exposición O Cárcere nos PFC da ETSAC.

Aproveitando que na cidade de A Coruña temos unha escola de Arquitectura (ETSAC), e que nos últimos anos, o cárcere, foi incorporado ás temáticas para o Proxecto Fin de Carreira (PFC), desde Proxecto Cárcere animámonos a comisariar o talento e as propostas para, en definitiva, continuar a sumar con forza.

Estaremos na Fundación Luis Seoane, a iso das 20:30h, acompañadas por un bo feixe de proxectos, a profesora da ETSAC Emma López Bahut, o profesor Juan Creus, e o Concelleiro de rexeneración urbana Xiao Varela. As autoras dos proxectos serán as que conduzan a conversa en torno ás maquetas, que apreséntase como máis que interesante.

Tamén, e como ven sendo habitual, teremos torta e candeas. Desta volta, o limón representa toda a intensidade destes anos. O chiculate, con dozura, o fin dunha longa e dura etapa.  🙂

Esperámosvos a todxs!!! Avante

cartaz-expo-pfc

 

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.