Obxectivos e Funcionamento

OBXECTIVOS DA PLATAFORMA PROXECTO CÁRCERE

O antigo cárcere provincial da Coruña, actualmente en desuso, preséntasenos hoxe como un desafío á cidadanía coruñesa para intentar acadar a súa transformación, dun espazo de represión noutro representativo da convivencia libre, onde primen os usos sociais, culturais e educativos e onde a memoria histórica estea sempre presente.

A Plataforma creada a finais de 2010 entre distintas persoas e colectivos cidadáns, recolle as inquedanzas dos veciños do barrio e da cidade en xeral en torno á idea exposta, e tenta crear un movemento cívico de concienciación do dereito a acadar eses fins.

As fórmulas participativas que se establezan deberán conceder especial protagonismo á capacidade de decisión das asociacións culturais, sociais, veciñais e educativos que formen parte do proxecto.

Fuximos de investimentos millonarios e apostamos por modelos sustentables e de aproveitamento dos recursos existentes. Dentro dos modelos de financiamento que se poidan establecer, e tentando reducir na maneira do posible a dependencia económica, a autoxestión preséntasenos como medio idóneo para acadar os obxectivos marcados.

FUNCIONAMENTO DA PLATAFORMA

A Plataforma –constituída aproximadamente por corenta persoas- organizouse en grupos
de traballo de distintas materias: obxectivos, xestión , comunicación e
 infraestructuras.

A Asamblea é o órgano soberano de toma de decisións, preferentemente por consenso, en aras a acadar os obxectivos marcados. Esta Asamblea terá en todo momento un carácter aberto a persoas ou colectivos que se queiran sumar a este proxecto, pois queremos que sexa a cidadanía a principal protagonista e a que, en definitiva, dea forma ao mesmo.

A Coruña, 28 de marzo de 2011.

4 respostas a Obxectivos e Funcionamento

  1. Eduardo Méndez Baamonde di:

    Hola, somos un grupo de músicos, bailaríns, actores de toda Galiza que estamos a montar uma orquestra de música palavra e baile improvisada. Criada en torno a figura directora da saxonista free coruñesa Chefa Alonso e con músicos da cidade como Dúbi Baamonde (saxos, flauta) Rubén Barros Deschamps (guitarra) Fernando Lamas (bateria) Bernardo Martínez (ventos, etc) e outros de fora dela; actores e artistas como entre outros: http://funboaescenica.blogspot.com/; bailadores como nuria sotelo: http://latiamardalina.com/distribucion/asuntos; coleccionistas de curiosidades como maría chenut http://mariachenut.wordpress.com/maria-chenut/; etc
    O outro dia comentamos a possibilidade dunha actuación no cárcere da Coruña como espazo artístico alternativo óptimo para a nosa proposta. Improvisación livre e dialogada entre diferentes artistas. Tamén estamos abertos a calquera outra opción como potencial espazo de ensaio (ainda que normalmente ensaiamos en torno a Santiago como centro neurálxico dado que somos e estamos dispersos) ou diferentes propostas das nas que nos podades informar ou incluir. Un saúdo. Dúbi Baamonde

    • Ola Dúbi,
      muitas grazas pola vosa proposta, o programa das xornadas está xa fechado, mas pódesnos ocntactar en proxectocarcere@gmail.com para futuras accións e/ou para participar na Plataforma. Convidámosvos a que veñades ás xornadas e aportedes a vosa experiencia e inquedanzas artísticas para a construcción do proxecto.
      Saúdos e vémonos pronto.

  2. Pingback: Proxecto Cárcere | proxectocarcere | veredes

  3. Pingback: Proxecto Cárcere – @cuacfm – 9,10,11/06/2011 ‹ Stark Photo

Os comentarios están pechados.