Participa!

Para facer mais forte esta iniciativa, para que se enriqueza das diferentes perspectivas que cada unha e un de nós podemos aportar, así como para que poda chegar ao maior número e diversidade de xente da cidade e arredores…

TI ES IMPRESCINDÍBEL!

 

Tes moitas opcións para participar, escolle a que mellor se adapte aos teus intereses e disponibilidade:

Formar parte da Asamblea da Plataforma

Sendo parte da Asamblea estás a apoiar de forma continua e pública a iniciativa. Podes participar na toma de decisións e recibes información directa e regular do proceso de Proxecto Cárcere: convocatorias para as Asambleas, petición de colaboración en actos concretos,  novas sobre actividades, comunicacións coas institucións, etc.

No apartado Quen somos podes ver un listado das persoas e colectivos da Asamblea.

 

Grupos de Traballo

 

Se queres colaborar de forma continua e específica pódeste unir a un dos GdTs:

  • Comunicación: Xestión comunicación interna e externa, divulgación do Proxecto e creación de conciencia cívica na recuperación do cárcere.
  • Xestión: Procurar modelos de xestión e financiamento axeitados para a sustantibilidade do edificio do Carcere e un uso público do mesmo.
  • Infraestruturas: Estudo e avaliación arquitectónica e urbanística do edificio do Cárcere da Torre; creación dunha proposta de distribución do espazo dacordo coas necesidades socioculturais e propostas da cidadanía da Coruña
  • Proxectos: Recollida de propostas para uso do Cárcere; propón accións para visibilizar o potencial creativo do uso do cárcere como centro sociocultural e da memoria

Como Artista e/ou colaborador de actividades

Se queres aportar os teus coñecementos artísticos, culturais, sociais, etc, en accións concretas, como xornadas, exposicións, eventos, obradoiros, debates, performances, etc, para apoiar Proxecto Cárcere, podes enviarnos os teus dados e proposta de actividade/acción. Serás contactada/o no momento en que se organizen estes eventos/accións e poderás formar parte deles da maneira que consideres axeitada dacordo coa túa disponibilidade.

 

 

 

 

Ponto de información

Podes encargarte de poñer información de Proxecto Cárcere nun ponto físico no teu barrio/local  de actividade profesional/social (cartaces, folletos, accións concretas, etc) para que a iniciativa poda chegar a todas as persoas, especialmente áquelas con limitado acceso a internete.

 

 

 

 

Distribución de merchandising

Se tes aceso a un local poderías distribuir a merchandising de Proxecto Cárcere: camisolas e chapas, así como material divulgativo (cartaces, folletos, etc).

Para mais información visita o subapartado merchandising .

 

Participar e Divulgar as accións de Proxecto Cárcere

Se tes tempo limitado sempre podes pedir ser incluída/o na lista de emails de divulgación externa onde recibirás información puntual das nosas accións. Poderás participar nelas e tamén divulgalas entre os teus contactos. Tamén podes seguirnos no facebook ou a través do noso blogue.

 

 

 

 

Neste momento podes distribuir estas dúas accións da campaña “E ti…qué farías aqui? de medio-longo prazo:

Propostas para usos do cárcere no noso blogue. http://proxectocarcere.blogaliza.org/e-ti-que-farias-aqui/

Actuable – Divulgar este actuable para mostrar o apoio da cidadanía á recuperación do antigo cárcere da Coruña http://proxectocarcere.blogaliza.org/como-colaborar/actuable/

 

 

 

5 respostas a Participa!

  1. Uxía Vázquez Mosteiro di:

    Hola! pareceme un proxecto moi interesante, ando moi falta de tempo para involucrarme máis activamente, pero ofrezome para facer performances sóa ou acompañada cando necesitedes. As miñas creacións movense entre a danza e o teatro. Saúdos

    • Moitas grazas Uxía,
      incluímoste na lista de artistas e te contactaremos tan pronto organizemos algo. Probabelmente nos próximos meses, pois estamos a terminar o Plan de viabilidade e con seguridade organizemos unhas xornadas socioculturais para visibilizar o proxecto.
      estamos en contacto saudiños 🙂

  2. Pingback: Pojecto Cárcere | Roxín Roxal. Asociación Cultural Libre de Paderne.

  3. Alberto Maroto di:

    Boas noites!
    Estame a parecer un gran proxecto e estou interesado en unirme.
    Como podo facer para colaborar no apartado “Participar e Divulgar as accións de Proxecto Cárcere”?
    Moitas grazas!

    • Ola aberto, e moitas grazas pola túa mensaxe.
      Pois para participar e divulgar o proxecto, só tens que ser incluido na nosa lista da Asamblea, ahi recibirás as convocatorias de reunións e a info mais actualizada. O teu nome aparecerá na lista de Quen somos? e bon, tamén poderás re-enviar info aos teus contactos.
      Agora estamos a terminar o plan de viabilidade, que esperamos poder abrir a debate coa cidadanía para finais de xuño, inicios de xullo, polo que se queres participar no grupo que se vai a formar para organizar este tema, estaria estupendo.
      Xa nos dis, no email proxectocarcere@gmail.com
      saudiños e ate xá 😉

Os comentarios están pechados.