Quen somos

As persoas responsabeis do blog de Proxecto Cárcere queremos pedir disculpas por non ter actualizado a información desta sección en consonancia co movemento de persoas e colectivos que desde 2011 apoiaron presencialmente ou virtualmente esta idea de transformar o cárcere nun espazo de participación cidadá.

En primeiro lugar queremos disculparnos coas persoas e colectivos que están na actualidade activas e que teñen sido imprescindíbeis nestes últimos meses tanto para continuar a dar vida e transformar a nosa estructura organizativa como para elaborar a proposta que presentamos á convocatoria de cesión de uso do antigo cárcere ao Concello da Coruña en Xullo 2017.

A maioría destas persoas non aparecían na lista que ocupaba este espazo anteriormente e por tanto sentimos que sen pretendelo as invisibilizamos.

En segundo lugar queremos pedir disculpas a todas aquelas persoas e colectivos que durante todos estes anos nos teñen apoiado, asistindo ou non a asembleas, de forma presencial ou simbólica, a través da lista da Plataforma Proxecto Cárcere creada no 2012. Esta lista deixou de ter validez hai tempo e non representaba a situación actual de moitas das persoas e colectivos ou organizacións nela nomeadas nin da estructura organizativa de Proxecto Cárcere.

Lamentamos calquera malentendido ou incomodidade que este erro poda ter causado.

En calquera caso e ante calquera dúbida ou incongruencia que poidérades encontrar ao consultar a información deste blog agradeceríamos moito que vos puxérades en contacto connosco para poder xerar así entre todas un fluxo de comunicación claro, transparente e verídico.

Moitas grazas pola vosa comprensión.

Proxecto Cárcere


Pode ser parte da Plataforma Proxecto Cárcere calquera persoa ou colectivo que sea afín aos intereses e obxectivos da mesma. Cada quen pode participar da maneira que considere mais axeitada e dacordo coa súa disponibilidade. O importante é que todas e todos podamos aportar o noso gran de area para construir un proxecto colectivo que responda á diversidade social e cultural da cidade da Coruña.

“Creo que é unha oportunidade extraordinaria para facer un proxecto cultural “desde abaixo”, que xurda das bases, da sociedade. Un centro que rache coas actuais inercias políticas de xestión. Un centro que sexa a casa e un lugar de creación e de expresión cultural aberto, plural, sostible, solidario… Converter un predio emblemático da cidade nunha gran comunidade onde creadores, educadores e veciños da cidade convivan de xeito democrático, que exista nel un empoderamento por parte da sociedade, que sexamos todos e todas as que decidamos que cultura queremos.”

J.C.Q.

Aqui podes ver a relación de persoas e colectivos que estamos neste momento activas na organización da Plataforma Proxecto Cárcere

Adrián González

Alberto Fortes

Alfonso Cebrián

Alfonso Rodríguez

Asociación Cultural Son d’Aqui

Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH)

Beatriz Sierra

Carlos A. P.

Carmen Cotelo

Carmen García Rodeja

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH)

Daniel Feira Social

Elvira Morales

Eva Piñeiro Núñez

Fabrizio Rosano

Fernando Pujalte

Fernando Souto Suárez

Laura Sánchez

Manel López Malde

Manuel Monge

Manuel Pazos

Mar Vaamonde

Mariola Mourelo

Martin Moreda

Miguel Fernández

MOBI-LIZA

Oscar Górriz

8HZ

Pedro González Torres

Rafael Anido Alonso

Rafael Prieto

Rubén Afonso Lobato

Sen Ánimo de Nome

Senén Rodríguez-Carrera Iglesias

Silvia Villar

Tono Eidán

Xabier Espasandín

Xan Castro dapena

Xaquín Silva

Xosé Manuel Lado Fernández

3 respostas a Quen somos

  1. maría luisa mariñas sánchez di:

    Me gustaría colaborar en este proyecto aunque ahora mismo resido en Vigo, muchas gracias 🙂

    • Olá María
      pois podes colaborar divulgando o proxecto, asinando o actuable ou enviándonos info sobre proxectos similares. Toda información é benvida, especialmente en modelos de xestión e financiamento.
      Moitísimas grazas e ata pronto 😉

  2. Angel di:

    Por que no hay una version en castellano de todo esto ?

    Me parece bastante mal que solo se haya hecho en gallego discriminando así al castellano.

Os comentarios están pechados.