O paseo de Jane· O cárcere na rúa

O vindeiro sábado 13 de maio faremos unha homenaxe a Jane Jacobs facendo un roteiro  polo barrio de Monte Alto dentro do programa #culturadebarrio, convocado pola Concellaría de Culturas d’A Coruña. En breves continuaremos a informar polo miúdo de todo o que faremos ese día. Contamos con vós!

 

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en O paseo de Jane· O cárcere na rúa

Homenaxe a Rafael Bárez

Bos dias,

Comprácenos anunciarvos que o vindeiro xoves día 9 de marzo, ás 8h. da tarde, no Teatro Rosalía de Castro, faráselle unha merecida homenaxe ao avogado e comunista coruñés Rafael Bárez, no décimo aniversario do seu pasamento.

Saúde, Liberdade e Memoria

 

Publicado en Outras convocatorias | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en Homenaxe a Rafael Bárez

Encontro Colectivos d’A Coruña

O sábado 11 de febreiro, celebrouse na Nave 1839, un Encontro con Colectivos da cidade d’A Coruña. Proxecto Cárcere foi convidado a presentar a súa traxectoria, e partillou micrófono con Stop Desahucios Coruña, Elvinha NON se vende, Centro Social Autoxestionado A Comuna, Ateneo Libertario Xosé Tarrío e o Centro Social Okupado Autoxestionado A Insumisa.

Tono e Laura, de PC. Gimp 2.6 cc-by-sa

Resultou ser unha tarde moi interesante, onde se puido ouvir e ver documentos nos que se rexistraban as andainas de cada colectivo, os seus obxectivos, e a maneira de traballar que desenvolvemos. Houbo preguntas por parte das persoas asistentes e clarificáronse moitas das inquedanzas que existen na cidade, e como, por medio destes movementos, se pode crer que hai moita xente que non se conforma co mundo no que vive, e que a aspiración humana a vivir en solidariedade, ben común e apoio mutuo, pode ser posible.

Pensamos que este día foi un punto de partida, cara a repetir esta experiencia e seguir en contacto directo con estes colectivos…

Forza!

Publicado en Sen clasificar | Etiquetado , , , , , , , | 2 Comentarios

Proposta de Proxecto Cárcere para o cárcere da Torre

Nos últimos meses, ante a sinatura do convenio de cesión de uso entre o SIEP e o Concello da Coruña, estivemos a traballar nunha proposta para o cárcere da Torre, que actualizase o Plan de Viabilidade que se fixera fai un tempo.

No día de hoxe, nunha xuntanza coa Concellería de Rexeneración Urbana e Participación, entregouse a proposta ao Concello. Na proposta se recollen as diferentes liñas nas que estamos a traballar: proposta de rehabilitación, usos e contidos, xestión e relación co Concello, financiamento e forma xurídica.

A continuación podedes consultar o documento completo e tamén o Plan de Viabilidade:

 

Publicado en Sen clasificar | 1 comentario

Berger, Coixet, e o cárcere da torre

O día 30 de xuño do ano 2010, celebrouse no cárcere da coruña un recital homenaxe a John Berger, con motivo da exposición “From I to J” de Isabel Coixet.

Fomos testemuña dunha noite máxica inspirada pola obra inmortal deste inspirador escritor e crítico británico, e como non podia ser doutro xeito, deixamos un documento audiovisual para poder ensoñar aquela noite tan especial.

Esperemos que a terra lle sexa leve. Grazas, Mr. Berger.

Publicado en Novas, Proxectocárcere, VIDEOS | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Berger, Coixet, e o cárcere da torre

Xornada de Traballo para comezar o 2017

Desde Proxecto Cárcere en transición imos facer unha xornada de traballo co obxectivo principal de redactar a proposta de uso sociocomunitario do antigo cárcere da Torre que imos presentar ao Concello da Coruña.

A xornada terá lugar ao longo do luns 9 de Xaneiro. Se estás interesada en participar contáctanos en proxectocarcere@gmail.com para máis información.

Feliz Ano Novo!

 

Publicado en Convocatorias da Plataforma, Novas, Proxectocárcere | Comentarios desactivados en Xornada de Traballo para comezar o 2017

En Xaneiro, pon o alleiro.

EN XANEIRO, PON O ALLEIRO. 🙂

Xa temos data e hora para a posta en marcha do grupo de Hortas. Luns 9 de Xaneiro ás 16h encontro nas propias hortas se non chove e se chove no Centro Cívico de Montealto. Para participar achégate ata ali ou envía email a proxectocarcere@gmail.com

A SACHAR!!

Publicado en Convocatorias da Plataforma, Proxectocárcere | 1 comentario

Xa temos as chaves das Hortas!

O vindeiro martes 27 ás 17:00h no parque Carlos Casares na contorna do cárcere vanse entregar as chaves das hortas urbanas ás asociacións AVV Atochas Monte Alto, Ecos do Sur e Proxecto Cárcere.
Comezaremos a traballar de seguido, se queres participar só tes que contactarnos ou achegarte por ali. Email : proxectocarcere@gmail.com

Podedes ver máis información desta proposta neste post que publicamos anteriormente Hortas no cárcere. Sementando e creando en Comunidade

Publicado en Novas, Proxectocárcere | 1 comentario

A revolución comeza hoxe!

Este xoves 22 de decembro, tivemos a última asembleia do ano. Asistiron caras novas xunto coas habituais coas que compartimos proxectos, ideas, motivacións e decidimos novos pasos para este ano que chega.

Proxecto Cárcere entra así nun proceso de transición no que irá desaparecendo como tal para transformarse nun outro grupo de acción cara a dar vida ás propostas e soños de tantas persoas que pasaron por esta iniciativa.

Esta é unha fase que concordamos as persoas ali presentes, de traballo e acción, onde podemos utilizar o traballo teórico e a filosofía compartida de Proxecto Cárcere, como base para crear propostas concretas para os diferentes pasos que se nos presentan.

Con este motivo acordamos establecer unha Xornada de Traballo para o luns 9 de Xaneiro.

Se queres participar na mesma ou obter máis información ponte en contacto connosco enviando email a proxectocarcere@gmail.com

BÓ NADAL!

 

Publicado en crónicas, Novas | Etiquetado | Comentarios desactivados en A revolución comeza hoxe!

Reunión co Concello antes de Nadal

Este xoves 22 de Decembro pola mañá reunirémonos no Concello da Coruña con Xiao Varela da concellería de Urbanismo, Infraestructuras e Equipamento e Claudia Delso da concellería de Participación e Innovación Democrática, para falarmos das propostas de Proxecto Cárcere para o antigo cárcere da Torre no contexto que presenta a eminente cesión de usos socioculturais do SIEP ao Concello.

Convidamos a todas as persoas interesadas á asemblea que teremos na mesma tarde do xoves às 20:30 no CSO A Insumisa.

Nesta Asemblea imos informar sobre o proceso deste último ano en que Proxecto Cárcere solicitou por rexistro o uso do edificio e estivo a reunirse co Concello. Presentaremos a nosa proposta de xestión e uso público desde a cidadanía para este espazo abandoado, en preocupante estado de deterioro e sen ningún uso nos últimos 6 anos. E abriremos un espazo de debate para concluir cos pasos a seguir daqui pra diante.

Os obxectivos principais de Proxecto Cárcere son:

  • Rehabilitación e mantemento do edificio para evitar o seu progresivo deterioro en base a principios de sustentabilidade, manter a estrutura orixinal do edificio, respecto co medio ambiente e compromiso coa economia local e social
  • Uso público e enfocado nas necesidades da cidadanía do total do edificio.
  • Gradual acondicionamento dos diferentes espazos do cárcere dacordo aos usos reais que vaian xurdindo tendo en conta os principios de adaptabilidade, bioconstrucción, participación e baixo custo.
  • Xestión cidadá do espazo considerando as dinámicas naturais da participación colectiva en que se prioricen as persoas sobre os resultados, se valorice e potencie as iniciativas xurdidas desde as cidadás e cidadáns e onde a experimentación e o erro formen parte dunha aprendizaxe sólida e para toda a vida.
  • Creación aberta dun espazo sociocultural e da memoria con visión no medio e longo prazo, de beneficio para a cidadanía e que transcenda o marco de 4 anos de lexislaturas de un outro partido político.

Seguiremos informando.

Podes contactarnos enviando email a proxectocarcere@gmail.com e participar nas nosas asembleas.

Publicado en Convocatorias da Plataforma, Novas, Proxectocárcere | Comentarios desactivados en Reunión co Concello antes de Nadal