Asemblea Proxecto Cárcere Decembro 2016

Despedimos o ano 2015 coa asemblea de decembro á que como é habitual convidamos áquelas persoas interesadas na filosofía e valores de Proxecto Cárcere.
Este xoves día 17/12/2015, no Centro Social A Comuna (Vereda del Polvorían 35-Monte Alto)  ás 20.00 horas Proxecto Cárcere celebrará a última Asamblea de 2015. A orde do día é o seguinte:
1º.-Valoración actos día do V Aniversario de PC (15 minutos)
2º.-Valoración presentación do blog “Memoria do Carcere” (10 minutos)
3º.- Valoración encontró co sr Concelleiro de Rexeneración Urbana, D Xiao Varela (30 minutos)
4º.-Estado de Contas- Cuac FM (20 minutos)
5º.-Debate: 2016 perspectivas de futuro de Proxecto Cárcere. (30 minutos)
6º.-Varios (15 minutos)
4266661175_cf2313b6a5_zAta o ano que ven!
Publicado en Convocatorias da Plataforma, Novas, Proxectocárcere | Comentarios desactivados en Asemblea Proxecto Cárcere Decembro 2016

Proxecto Cárcere no pleno do Concello da Coruña

Onte Silvia Longueira, do PSOE levou ao pleno o tema do antigo cárcere da Torre e do Proxecto Cárcere. Aqui o audio coa súa intervención e a resposta do concelleiro de Rexeneracion Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela.
Hoxe, martes 15 de decembro, reunímonos con Varela á súa petición para nos informar sobre novas con respecto ao cárcere. Levamos as nosas preguntas tamén a esta reunión que recordamos eran:
– O edificio pasou a ITE? Se foi así foi favorable ou desfavorable?
– Que obras se levaron a cabo durante o verán de 2014?
– Na Escola de Arquitectura estase a desenvolver un tema de Proxecto Final de Carreira, no edificio do cárcere. Sería posible unha visita?
– Cal é a situación actual do xuízo sobre o convenio de devolución do cárcere? Cales son os prazos? Canto se podería demorar? Que din os servizos xurídicos do concello?
– Se entablaron negocicacións co SIEP?
– Se seguirá coa estratexia de Negreira de solicitar xudicialmente a nulidade do convenio asinado por Vázquez?
– Cales son os seguintes pasos que plantea o Concello para obter o cárcere da Torre?
– Habería a posibilidade de organizar un encontro como o de 2010 sobre novos modelos de xestión cidadá de espazos dentro do cárcere? E fóra do cárcere?
– Cal é a posicion do concello e que movementos pensades facer para conseguir a devolución do cárcere?
– Qué posición como cidadáns podiamos tomar para conseguir a utilización do cárcere pola cidadanía?
Comunicarémosvos os resultados deste encontro como fixemos dos anteriorres.
Agradecemos como sempre o voso apoio e o de todas as persoas, colectivos ou organizacións que confían en Proxecto Cárcere.
corunha janeiro
Publicado en crónicas, Novas, Proxectocárcere | 1 comentario

“A nao das Argonautas” – 5º Aniversario de Proxecto Cárcere

Hoxe, venres 20 de novembro de 2015 é o 5º aniversario de Proxecto Cárcere que terá lugar ás 17:00 no antigo cárcere da Torre.

Realizaremos unha acción lúdico-reivindicativa co nome de “A nao das argonautas” na que recordaremos as propostas colectivas feitas pola cidadanía da Coruña para a recuperación do antigo cárcere como centro sociocultural  e da memoria. Sen esquecer os atrancos burocráticos e institucionais cos que nos temos atopado durante a nosa andaina queremos dar unha mensaxe de esperanza e recoñecemento a todas as persoas que dun ou outro xeito soñamos con abrir as portas do cárcere á creatividade e participación cidadá.

Finalizaremos a actividade cunha pequena celebración e brinde na praia das Lapas e unha petiscada no mítico bar “O Patachim” da rua Beiramar

Esperamos que podades compartir connosco esta celebración.

Moitas grazas a todas por facer existir a Proxecto Cárcere

A continuación o comunicado deste ano

 

A Nao das Argonautas

nao argonautas

Como a Nave das Argonautas esculpida en pedra polo mestre Gonzalo Viana, alá por novembro de 2010 empezamos a deseñar o noso navío ao pé da Torre, á beira do noso mar, nas vellas instalacións da antiga prisión provincial coruñesa co obxectivo de surcar os mares da cultura, da arte, da educación, da memoria…

Paseniñamente puxémonos man á obra como se facían e se fan os barcos da ribeira nas nosas costas.

Estudamos modelos que nos convencían deste país e de fóra, fixemos ensaios que funcionaron moi ben e documentamos todas as nosas experiencias e estudos nun caderno de bitácora que entregamos ás nosas autoridades municipais e que aí está a disposición de toda a xente .

A travesía está sendo larga e os escollos moitos. A nave atravesou tempestades e mares en calma. Escoitamos cantos de sereas e serafíns que nos intentaron desorientar. Perdemos valiosas e valiosos navegantes pero tamén embarcou nova tripulación. Neste momento a nosa nave atópase varada nun areal de burocracia e de desidia por parte das nosas autoridades e contemplamos con certo estupor como o noso traballo “artesanal” é desprazado ou ninguneado por “franquicias” que pouco ou nada van ofrecer ao que nós humildemente entendemos por cultura.

Esperaremos a que a marea volva subir, o vento empece a zoar e entón ergueremos novamente as nosas velas para que esta nao colectiva siga deixando o seu ronsel neste mar fisterrán.

Ano V de PC.

Publicado en Convocatorias da Plataforma, crónicas, Novas, Proxectocárcere | Comentarios desactivados en “A nao das Argonautas” – 5º Aniversario de Proxecto Cárcere

Encontros entre Proxecto Cárcere e o novo goberno municipal da Coruña

concello-de-a-coruna-105781Nestes últimos meses Proxecto Cárcere tense reunido co novo goberno de María Pita, como anteriormente fixo co bipartito BNG-PSOE e nos últimos catro anos co Partido Popular.

No mes de xullo tivemos unha cita con Xose Manuel Sande, concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento co obxectivo de presentarnos como Plataforma Cidadá e colocar na axenda coruñesa o proxecto sociocultural e da memoria de rehabilitación do antigo cárcere da Torre. Sande falounos principalmente da situación xeral coa que se encontraran á súa chegada ao Concello. Con respecto ao cárcere informou da intención do presente goberno de continuar coa vía legal iniciada polo antigo edil Carlos Negreira para a devolución dos terreos e por tanto do edificio do cárcere invalidando os acordos monetarios asinados no seu momento por Francisco Vázquez.

No decurso da conversa falounos tamén do proxecto herdado do goberno do Partido Popular do Centro de Produción de Deseño CIDEA que tería como sede futura a Antiga Comandancia de Obras. En palabras do concelleiro víano como inviabel tal e como estaba prantexado polo que si manterían as actividades na Fundación Luis Seoane pero non procederían, de momento, á rehabilitacion e acondicionamento das instalacións da Comandancia. Para nós esta podía ser unha oportunidade para abrir o proceso á cidadania nas liñas que propón o Plan de Viabilidade de Proxecto Cárcere podendo servir de inspiración non só para a antiga prisión pero tamén para outras iniciativas da cidade nas que puidera ser de utilidade.

Deixando pasar o verán e dando tempo para que a Marea Atlántica se afixera ao seu novo fogar volvemos solicitar unha reunión no mes de outubro coas concellerías de Culturas, Deporte e Coñecemento, Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda e Participación e Innovación Democrática, entendendo que Proxecto Cárcere abrangue non só o ámbito cultural senón que é realmente transversal e se relaciona cos diferentes eidos sociais, culturais e urbanos da cidade.

Neste novo encontro participamos 6 persoas de Proxecto Cárcere e en representación do Concello, Xosé Manuel Sande, Claudia Delso e Xoán Mosquera, no lugar de Xiao Varela que finalmente non puido asistir. Proxecto Cárcere tiña enviado unha serie de preguntas ás diferentes concellerías para axilizar a reunión e facela o mais efectiva posibel coa intención de a través das respostas obtidas estarmos en mellor condicións de avanzar co noso proxecto.

As preguntas eran as seguintes:

  1. O edifício pasou a ITE (Inspección Técnica de Edificios)? Se foi así foi favorable ou desfavorable?
  2. Que obras se levaron a cabo durante o verán de 2014?
  3. Cal é a situación actual do xuizo sobre o convénio de devolución do cárcere? Cales son os prazos? Canto se podería demorar?
  4. Cales son os seguintes pasos que plantexa o Concello para obter o cárcere da Torre?
  5. Na Escola de Arquitectura estase a desenvolver un tema de Proxecto Final de Carreira, no edifício do cárcere. Sería posible unha visita?
  6. Habería a posibilidade de organizar un encontro como o de 2010 sobre Novos Modelos de Xestión Cidadá de Espazos dentro do cárcere?

Infelizmente non obtivemos durante esta reunión respostas concretas a todas estas preguntas aínda que si se nos prometeu enviárnolas na maior brevedade e contestar coa maior concrección posibel.

Con respecto á colaboración entre Proxecto Cárcere e as diferentes concellerías, cabe destacar a afinidade en liñas xerais nos conceptos de participación, cultura e urbanismo, coas que esperamos poder profudizar, como un axente social mais, na futura construcción da cidade. En base ao futuro do cárcere da Torre non parece que haxa unha proposta clara e concisa de usos, rehabilitación e modelo participativo por parte do Concello, e tampouco nos quedou claro que papel tería Proxecto Cárcere no caso do edifício ser restituído ao concello durante os próximos catro anos.

Para Proxecto Cárcere é imprescindibel a comunicación fluida e directa co goberno do Concello da Coruña así como co Ministerio de Interior, pois son as autoridades responsabeis do edifício e terreo da antiga prisión provincial. Esperando conseguir a información que precisamos e que o próximo ano se presente con mais oportunidades de acción, nós faremos valoración deste quinto ano de vida e traballo e iniciaremos un proceso creativo de toma de decisións estratéxicas e operativas para presentar a inícios do 2016.

Publicado en crónicas, Novas, Proxectocárcere | 1 comentario

Asemblea Aberta de Xuño de Proxecto Cárcere

Está entrando o verán e Proxecto Cárcere non para, esta semana temos a Asemblea de Xuño de Proxecto Cárcere que terá lugar o xoves 25 de Xuño ás 20h15 na Casa da Fariña (Praza Azcárraga, 6).

Recorda que toda persoa interesada na actividade e filosofía de Proxecto Cárcere é benvida ás nosas asembleas. 🙂

A orde do día é a seguinte:

1. Situación económica. (15 minutos)

2. Nova directiva PC. (10 minutos)

3. Balance 2014/15. (25 minutos)

4. Perspectivas de futuro. (25 minutos)

5. Varios.

XORNADAS_PC_24

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Asemblea Aberta de Xuño de Proxecto Cárcere

Asemblea Aberta de Maio de Proxecto Cárcere

Chegando o maduro Maio convidámoste á Asemblea de Maio de Proxecto Cárcere que terá lugar o martes 5 de Maio ás 20h30 na Casa da Fariña (Praza Azcárraga, 6).

Recorda que toda persoa interesada na actividade e filosofía de Proxecto Cárcere é benvida às nosas asembleas. 🙂

A orde do día é a seguinte:

A) Información e toma de decisións

1. Protocolo de resolución de conflitos. (5 minutos)

2. Estado de contas de PC (10 minutos)

3. Comunicación coa prensa (5 minutos)

4. Toma de decisións (5 minutos)

5. Resultados das entrevistas PC e partidos políticos (10 minutos)

6. Relacións PC e partidos políiticos (15 minutos)

7. Orzamentos (5 minutos)

B) Debates Pendentes

O destino de PC e as súas participantes (15 minutos)

 

 

Publicado en Convocatorias da Plataforma, Proxectocárcere | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Asemblea Aberta de Maio de Proxecto Cárcere

Domingo 19 de Abril no IV Encontro da Rede Transibérica: Asemblea

No terceiro e último día do Encontro os colectivos membros da Red Transibérica de Espazos Culturais Independentes reuniranse en asemblea para avaliar os resultados do encontro, sinerxias con novos espazos e pasos a seguir no futuro.

encuentro red juny 2012transibericaweb

A Red Transibérica é unha plataforma de cooperación que ten como misión favorecer o desenvolvemento e fortalecemento dos espazos independentes de España e estreitar a súa colaboración cos espazos de Portugal.

Os obxetivos da Rede son:

1. Fomentar e facilitar a cooperación entre espazos culturais independentes nos ámbitos de producción, distribución, mobilidade, intercambio, etc.

2. Promover a troca de coñecementos, a investigación sobre o sector e a capacitación profesional dos traballadores dos espazos culturais independentes.

3. Instituirse como órgao de representación colectiva ante a administración pública con ánimo de incidir nas políticas culturais e promover a creación dun marco legal que recoñeza e ampare a existencia dos espazos culturais independentes.

4. Apoiar as iniciativas de creación ou apertura de novos espazos culturais promovidas por colectivos artísticos ou ciudadáns.

5. Incrementar a visibilidade dos espazos culturais independentes e a súa vinculación directa aos valores e práticas que estos promoven, entre eles: cidadanía crítica e activa, políticas culturais participativas, xestión horizontal e transparente, a cultura como ferramenta de transformación social e recuperación do espazo público.

6. Establecer mecanismos de colaboración con outras plataformas, organizacións e redes -particularmente internacionais- que favorezan o desenvolvemento do sector.

Para coñecer mais sobre a Red Transibérica e solicitar adhesión consultar a súa páxina web AQUI

Publicado en Convocatorias da Plataforma, crónicas, Novas, Proxectocárcere | Comentarios desactivados en Domingo 19 de Abril no IV Encontro da Rede Transibérica: Asemblea

Sábado 18 de Abril no IV Encontro da Rede Transibérica: Rede Transibérica

No segundo día do Encontro coñeceremos os obxectivos e camiño da Red Transibérica explorando iniciativas posibeis tanto no ámbito rural como no urbán, e as dificuldades e solucións da xestión dos espazos culturais independentes.

CARTAZ RED TRANSIBERICAAbrimos a xornada ás 10h coa presentación da Red Transibérica e e mesa “Recuperación de Espazos culturais no rural”, café para tomar forzas e continuar coa “Recuperación de Espazos culturais no urbán”.

Fechamos a mañá coa presentación individual de proxectos dos espazos para o 2015 e desfrutamos da comida ecolóxica e local de Leira Longa e un descansiño e/ou paseo ollando ao mar bravo da Coruña.

Un bon momento para darlle unha ollada as exposicións do “Jail Art” e “Coruña Baleira” ou achegarse ata o Cárcere da Torre e vislumbrar o que pode chegar a ser este espazo para todas e todos nós.

Ás 16h30 pasamos á parte mais prática do Encontro co “Taller  de problemáticas e solucións na xestión de espazos” na que traballaremos toda a tarde finalizando cunha posta en común.

Momento para descansar e alimentar o corpo despois dunha intensa xornada de 20h30 a 22h co catering de Leira Longa na nosa cantina

Pero a cousa non termina aqui, como fin da parte aberta do Encontro iremos a partir das 22h30 ao  Mardi Gras ao concerto de “Ruta 77” ás 22h30 seguido da “Festa Pop Think in!”…e o que o corpo aguante.

Se aínda non te apuntaches, achégate o venres 17 ás 16h ao Instituto Anxel Casal e fala connosco. Isto non é para perder. 😉

 

Publicado en Convocatorias da Plataforma, crónicas, Novas, Proxectocárcere | Comentarios desactivados en Sábado 18 de Abril no IV Encontro da Rede Transibérica: Rede Transibérica

Venres 17 de Abril no IV Encontro da Rede Transibérica: Proxecto Cárcere

O primeiro día do Encontro Proxecto Cárcere daremos a benvida a todas as persoas e colectivos participantes e trataremos de transmitar o espíritu desta iniciativa sociocultural e da memoria da cidade da Coruña.

cartaz-c__rcere_encontro-transiberica

Cartaz proposta de Manchea

A partir das 16h estaremos no hall do Instituto Anxel Casal entregando os packs do Encontro as persoas inscritas online e recibindovos a todas/os cun café de benvida a cargo de Leiralonga, que serán as encargadas do catering do Encontro.

Para as que queirades asistir na modalidade de 10€ aínda podedes facer a vosa inscripción neste día e no Sábado pola mañá na mesa de inscripcións situada no hall.

Teremos colocadas as expos de Proxecto Cárcere do “Jail Art” e de “Coruña Baleira” así como outros materiais e merchandising para que nos coñezades un pouco mais e/ou vos recoñecades a vós mesmas/os.

Às 18h30 faremos unha acción artístico-reivindicativa á que estades todas convidadas diante do cárcere. Será algo moi amarelo e redondo…No caso hipotético de que chova podemos levar un paraugas para non nos mollar (se tedes un amarelo mellor).

Depois regresaremos ao Instituto Anxel Casal onde Proxecto Cárcere propón un debate-diálogo “É viabel un Centro Sociocultural e da Memoria no Cárcere da Torre?” focándonos na importancia que poden ou non ter o espazo,  o cáracter público e o proceso de participación cidadá da iniciativa e a súa autoxestión.

Finalizaremos a xornada coa cea vexetariana e local servida por Leiralonga e unha actividade de ocio e encontro a cargo de Carmen Cotelo ás 23h.

Publicado en Convocatorias da Plataforma, Novas, Proxectocárcere | Comentarios desactivados en Venres 17 de Abril no IV Encontro da Rede Transibérica: Proxecto Cárcere

Ideas para a apertura do Cárcere

Estes anos dende a plataforma Proxecto Cárcere estivemos a traballar na posibilidade de dotar de uso a antiga Prisión Provincial da Coruña. Ante o inminente periodo electoral queremos trasladar as nosas ideas para a apertura do Cárcere, a todos os partidos políticos da nosa cidade para que poidan recollelas nos seus programas electorais. As ideas céntranse en torno a seis conceptos principais (Proxecto Cárcere, autoxestión, participación cidadá, financiamento, edificio e uso público), co significado que lle da Proxecto Cárcere a cada concepto na apertura do cárcere a cidadanía.

  • PROXECTO CÁRCERE
    • Proxecto Cárcere funcionaría durante a fase inicial de posta en marcha da proposta como facilitadora do proceso participativo e negociacións entre institucións e cidadanía aportando os seus coñecementos, experiencia e filosofía.

04_20_N_2010_4

  • AUTOXESTIÓN
    • Entendemos a autoxestión como a autonomía da cidadanía en determinar os contidos, a toma de decisións e a organización do cárcere.

XORNADAS_PC_7

  • PARTICIPACIÓN CIDADÁ
    • Entendemos a participación cidadá como un proceso no que os diferentes axentes sociais/cívicos da cidade/barrio contribuen ao ideario e funcionamento do cárcere. Este debe garantir que as diferentes voces son escuitadas e con valor na toma de decisións.
    • O dereito a tomar decisións no cárcere tería como fundamento o principio de mancomunidade “casa aberta con fume”. O dereito existe en canto a persoa ou colectivo contribúen ao funcionamento diario do cárcere e desaparece no momento en que deixan de contribuir a él.
    • Estableceríanse unha serie de contra-normas polas que se regularía a convivencia e usos do espazo. Exemplo: non-machismo, non-racismo…
    • Utilizaríanse metodoloxías socias como ferramentas de traballo grupal para facilitar o proceso creativo e participativo do cárcere (Educación Popular de Paulo Freire, Xogo Oasis, Facilitación de grupos…)

06_20_N_2010

  • FINANCIAMENTO
    • Poderíase financiar a progresiva rehabilitación do edificio e do seu uso real a través de crowfunding, obradoiros-taller, subvencións a diferentes institucións públicas/privadas, aportacións das iniciativas cohabitando no cárcere, etc
    • O CSCM (Centro Sociocultural e da Memoria) disporía dun bar e servizo de bar para eventos dentro do cárcere como un dos métodos de financiamento colectivo.
    • O financiamento de cada proxecto ou actividade concreta que se desenvolvera no edificio sería responsabilidade das persoas promotoras de cada iniciativa.

XORNADAS_PC_24

  • EDIFICIO
    • Proxecto Cárcere considera que o total do edificio debería ser cedido á auto-xestión e uso da cidadanía.
    • Propostas de rehabilitación e usos axeitados dos espazos dacordo coa súa morfoloxía, onde se inclúe un estudo exhaustivo e profesional do estado do cárcere a nivel arquitectónico, patrimonial e urbanístico no contexto da cidade da Coruña. Apóstase por manter a estrutura orixinal do edificio e iniciar un proceso gradual de restauración e mantemento do mesmo baseado en principios de adaptabilidade, sustentabilidade, participación e baixo custo.
    • O imobel debe cumprir cuns mínimos de rehabilitación e mantemento que garantan a seguridade das persoas que o utilicen.
    • Contarase cun seguro de responsabilidade civil para cubrir o bon desenvolvemento das actividades que nel se realicen.

aerea1

  • USO PÚBLICO
    • O uso do cárcere sempre sería público con acceso libre e gratuíto e respondería as necesidades das veciñas do barrio de Montealto en particular e do resto da cidade e contorna en xeral.
    • Proxecto Cárcere ten recollidas diversas propostas de uso no seu Plan de Viabilidade que se irían considerando dacordo a progresiva disponibilidade do espazo e a concreción e formalización das propostas.

XORNADAS_PC_1

Publicado en Proxectocárcere | Etiquetado , , | 2 Comentarios